Ditongo

Un ditongo é un fenómeno fonolóxico que ten lugar cando dúas vogais contiguas forman parte dunha mesma sílaba. En galego hai dous tipos de ditongos, aqueles que están formados por dúas vogais fracas ("i" e "u") e os que están formados por unha vogal forte e unha fraca, sen importar a orde.

O ditongo é o fenómeno contrario ao hiato. En caso de seren tres as vogais inseridas nunha sílaba emprégase o termo tritongo.

Para marcar a presenza dun hiato (ausencia de ditongo) emprégase nunha sílaba tónica o acento ou a diérese[1].

  1. Emprégase a diérese para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en "-aer", "-oer", "-aír", "-oír", e "-uír": moïamos, moïades. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de subxuntivo dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search