Dumnonia

Modelo:Xeografía políticaDumnonia
Dumnonia (la)
Dewnans (kw)
Dyfnaint (cy) Editar o valor en Wikidata

Localización
CapitalIsca Dumnoniorum Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua córnica Editar o valor en Wikidata
Relixióncristianismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónséculo IV Editar o valor en Wikidata
Disolución927 Editar o valor en Wikidata

Dumnonia é o nome latinizado dun reino ou conxunto de sub-reinos britanos da Britania posromana que existiu entre o século IV e o século VIII d.C., na península hoxe coñecida como Cornualla. Incluía a área coñecida posteriormente como Devon, así como partes de Somerset e, posiblemente, Dorset. A súa fronteira oriental estaba suxeita a continuos cambios.

Cadbury Castle, Somerset

Interprétase xeralmente que incluía "Cornubia" ou Cornualla, aínda que o reino de Cornualla estaba poboado por unha subtribo, os cornovii, que aparentemente posuíron un alto grao de independencia que mantiveron mesmo despois de que outras zonas de Dumnonia caesen baixo control anglosaxón, entre os séculos VII e X d.C.[1]

  1. Pearce, Susan M. (1978), The Kingdom of Dumnonia: Studies in History and Tradition in South-Western Britain A.D. 350-1150 Padstow: Lodenek Press.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search