EcoRI

EcoRI
Estrutura cristalográfica da endonuclease de restrición EcoRI en ausencia de ADN
Identificadores
SímboloEcoRI
PfamPF02963
InterProIPR004221
SCOPe1na6 / SUPFAM

EcoRI (lido "eco erre un") é un encima endonuclease illado de certas cepas da bacteria Escherichia coli, que forma parte do sistema de restrición-modificación bacteriano, que defende ás bacterias contra a presenza de ADN alleo vírico.

O seu nome consta de Eco, que fai referencia á bacteria E. coli de onde procede, R, que fai referencia á cepa RY13 de onde se obtivo, e I, o número romano 1, xa que foi o primeiro encima de restrición obtido nesa cepa.

En bioloxía molecular o EcoRI utilízase como un encima de restrición moi útil en experimentación e biotecnoloxía. O encima crea extremos no ADN en que unha das cadeas en cada lado, no extremo 5', é algo máis longa e sobresae ou colga, que se denominan extremos pegañentos, cohesivos ou adherentes, xa que as partes que sobreaen son complementarias en bases. O encima sempre recoñece e corta na mesma secuencia de nucleótidos do ADN, que é GAATTC, a cal ten unha simetría rotacional, xa que a súa secuencia complementaria é CTTAAG.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search