Nome orixinal | (it) Elena Lucrezia Corner |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de xuño de 1646 Palazzo Loredan, Venecia, República de Venecia |
Morte | 26 de xullo de 1684 (38 anos) Padua |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | italiana |
Educación | Universidade de Padua |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, teoloxía, matemáticas, Ensino superior e educação para mulheres (pt) |
Ocupación | Filósofa |
Lingua | Lingua latina, lingua italiana e lingua grega |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Familia | |
Familia | House of Cornaro (en) |
Pai | Giovan Battista Corner |
Elena Lucrezia Cornaro Piscopia, nada o 5 de xuño de 1646 e finada o 26 de xullo de 1648, foi unha filósofa italiana de ascendencia nobre, que se converteu nunha das primeiras mulleres en obter un grao académico dunha universidade[1] e en 1678, converteuse na primeira muller do mundo en recibir un doutoramento en filosofía.[2]
Elena tamén foi considerada unha música experta. Ademais de dominar o sciblis, o que significa que dominou case todo o coñecemento do seu tempo, Elena dominou o clavicémbalo, o clavicordio, a arpa e o violín. As súas habilidades musicais foron demostradas pola música que compuxo ó longo da súa vida.
Foi membro de numerosas academias e foi estimada en toda Europa polos seus logros e virtudes. En Hypatia's Heritage, Margaret Alic afirma que se converteu en profesora de matemáticas na Universidade de Padua en 1678.[3]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search