Elitismo

O elitismo é a crenza ou actitude que consiste en soster que aqueles que son considerados como a elite -un selecto grupo de persoas con notables habilidades persoais, riqueza, experiencia, ou outros atributos distintivos- son as persoas cuxas opinións deberían ser tomadas máis en serio. Este grupo de persoas serían as máis adecuadas para gobernar pois as súas accións e pensamento serían os máis construtivos. O termo elitismo tamén pode ser utilizado para describir unha situación na cal unha elite goza de privilexios ou ten máis poder que o resto dos membros da sociedade. Refírese a unha situación de feito, pero non institucional, xa que se o fose sería unha oligarquía.

O termo adoita utilizarse pexorativamente para describir unha actitude xeneralizada de arrogancia ou rexeitamento respecto da opinión pública en xeral (a meritocracia, un tipo especial de elitismo, normalmente non ten estas connotacións).

Para examinar as correntes opostas ó elitismo ver antielitismo, populismo e teoría política do pluralismo.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search