Epsilonproteobacterias

As epsilonproteobacterias ou Epsilonproteobacteria (tamén escrito epsilon-proteobacterias e modernamente clasificadas co nome sinónimo Campylobacterota) é un grupo de bacterias gramnegativas que se consideran unha clase dentro do filo das Proteobacteria.[1]

As Epsilonproteobacteria comprenden poucos xéneros, principalmente os xéneros curvos ou espiriloides Wolinella spp., Helicobacter spp., e Campylobacter spp. A maioría das especies coñecidas habitan no tracto dixestivo de animais e son simbiontes (Wolinella spp. na vaca) ou patóxenos (Helicobacter spp. no estómago, Campylobacter spp. no duodeno).

Ademais foron recollidas numerosas secuencias de Epsilonproteobacteria en mostras procedentes de hábitats de chemineas hidrotermais e de fontes de emanacións frías gasosas. Un membro da clase é un endosimbionte das grandes branquias do caracol mariño Alviniconcha hessleri.[2]

Con frecuencia as epsilonproteobacterias que viven en chemineas hidrotermais abisais mostran características metabólicas quimiolitótrofas, e poden satisfacer as súas necesidades enerxéticas reducindo ou oxidando compostos químicos.[3]

  1. "www.ncbi.nlm.nih.gov". Consultado o 29 xuño 2012. 
  2. Yohey Suzuki, Takenori Sasaki, Masae Suzuki, Yuichi Nogi, Tetsuya Miwa, Ken Takai, Kenneth H. Nealson & Koki Horikoshi (setembro de 2005) Novel Chemoautotrophic Endosymbiosis between a Member of the Epsilonproteobacteria and the Hydrothermal-Vent Gastropod Alviniconcha aff. hessleri (Gastropoda: Provannidae) from the Indian Ocean. Applied and Environmental Microbiology, 71(9): 5440-5450.
  3. Takai, Ken; Campbell, Barbara J.; Cary, S. Craig; Suzuki, Masae; Oida, Hanako; Nunoura, Takuro; Hirayama, Hisako; Nakagawa, Satoshi; Suzuki, Yohey (2005-11). "Enzymatic and Genetic Characterization of Carbon and Energy Metabolisms by Deep-Sea Hydrothermal Chemolithoautotrophic Isolates of Epsilonproteobacteria". Applied and Environmental Microbiology 71 (11): 7310–7320. ISSN 0099-2240. PMC 1287660. PMID 16269773. doi:10.1128/aem.71.11.7310-7320.2005. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2022. Consultado o 08 de marzo de 2022. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search