Escravitude

Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado A Escravitude, véxase A Escravitude, Cruces, Padrón.
Un neno escravo en Zanzíbar.
Cédula de identificación persoal ou «carné de identidade» dun escravo de cor negra de 10 anos de idade, chamado Benito Criollo, de oficio servo e con destino na Habana.
A escravitude no Brasil, de Jean-Baptiste Debret.
Anuncio publicado na prensa cubana da Habana, en 1839. No mesmo anuncio véndense negros escravos, cabalos e samesugas.
Rexistro dun escravo recentemente nado, de nome Bruno, en Porto Rico. Ano 1868.

O termo escravitude[1] designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado,[2] que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.

Os escravos están obrigados a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquera momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal status (por morte ou por ser liberado).

En tanto que propiedade, o escravo pode ser obxecto das transferencias inherentes á noción de propiedade: pode ser comprado, vendido e aínda alugado.

O escravo distínguese do cativo ou do forzado, condicións próximas polo estado de explotación, e da besta de carga, por un status xurídico propio, determinado polas regras e as leis en vigor no país e época considerada.

A Organización das Nacións Unidas conmemora o día 25 de marzo como o Día Internacional en Lembranza das Vítimas da Escravitude e a Trata Transatlántica de Escravos, co obxectivo de homenaxear e lembrar a todos aqueles que sufriron e morreron baixo o sistema de escravitude, así como xerar conciencia sobre os perigos do racismo e os prexuízos aínda existentes.[3][4]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escravitude.
  2. Allain, Jean (2012). "The Legal Definition of Slavery into the Twenty-First Century". En Allain, Jean. The Legal Understanding of Slavery: From the Historical to the Contemporary. Oxford: Oxford University Press. pp. 199–219. ISBN 978-0-19-164535-8. A escravitude é a condición ou condición dunha persoa sobre a que se exercen calquera ou todos os poderes vinculados ao dereito de propiedade 
  3. "Día Internacional de Recuerdo de las Víctimas de la Esclavitud y la Trata Transatlántica de Esclavos" (en castelán). Consultado o 27.11.2022. 
  4. "El Día Internacional de las Víctimas de la Esclavitud estrena monumento", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela 25.03.2015 (en castelán)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search