Exipto

Modelo:Xeografía políticaExipto
جُمهورِيّةُ مِصرَ العَرَبيّةِ (ar)
مصر (ar)
Arab Republic of Egypt (en)
Egypt (en)
Republik Arab Mesir (ms)
Mesir (ms) Editar o valor em Wikidata

HimnoBilady, Bilady, Bilady Editar o valor em Wikidata

Lema«مصر أمّ الدنيا» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aPtah e Mizraim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 27°N 29°L / 27, 29Coordenadas: 27°N 29°L / 27, 29
CapitalO Cairo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación94.798.827 (2017) Editar o valor em Wikidata (93,82 hab./km²)
Lingua oficialárabe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.010.407,87 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Nilo e Mar Vermello Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoJabal Katrina (2.629 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoDepressão de Qattara (pt) Traducir (−133 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 28 de febreiro de 1922Reino de Exipto Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataAbdel Fatah al-Sisi (2014–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoCabinet of Egypt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataMustafa Madbuli (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Egito (pt) Traducir , (Escano: 596) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Constitutional Court of Egypt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal424.671.765.456 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaLibra exipcia Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.eg e .مصر (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+20 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia122, 123 e 180 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísEG Editar o valor em Wikidata

BNE: XX450764

Exipto[1][2][3] (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.

Exipto ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central.[4] Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.

Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potencias coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufriu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Franxa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Franxa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.

O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial.[5] Con máis de 95 millóns de habitantes, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km² onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.

O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial.[6] A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria).[7][8] Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para exipcio.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1443. ISBN 9788482893419. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Midant-Reynes, Béatrix (2000). The Prehistory of Egypt: From the First Egyptians to the First Kings. Oxford: Blackwell Publishers. 
  5. "Constitution of The Arab Republic of Egypt 2014" (PDF). sis.gov.eg. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2015. Consultado o 13 de abril de 2017. 
  6. "Lessons from/for BRICSAM about south–north Relations at the Start of the 21st Century: Economic Size Trumps All Else?". International Studies Review 9. 
  7. "South Africa just lost its spot as Africa's second largest economy". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  8. "South Africa's Economy Falls To Third Behind Nigeria, Egypt". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search