G8

G8
AcrónimoG8
Tipoorganización intergobernamental e group of major economic countries
Data de fundación1997
Data de disolución2014
editar datos en Wikidata ]

Manifestación de grupos antiglobalización en Edimburgo pola celebración do 31º Cumio do G8.

O Grupo dos Oito, máis coñecido como G8 ou G-8, agrupa aos sete países países máis industrializados do mundo e máis a Rusia.

O G8 ten a súa orixe na crise do petróleo de 1973 e na posterior recesión mundial, cando a petición do secretario do tesouro nortemaricano, George Shultz, reuníronse os ministros de facenda dos cinco países máis industrializados, aínda que non se formou oficialmente ata 1975 na xuntanza de Rambouillet cando o presidente francés Valéry Giscard d'Estaing convidou a participar nun cumio aos seis países máis industrializados: Francia, Alemaña, Italia, o Xapón, o Reino Unido e os Estados Unidos (G6). En 1976, uníuselles o Canadá (G7) e en 1998, Rusia.

Os representantes destes oitos países xúntanse anualmente para analizar o estado da política e a economía internacionais e coordinar as súas políticas económicas.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search