GNU General Public License | |
---|---|
![]() | |
Nome curto | GNU GPL e GPL ![]() |
Tipo | copyleft free software license (en) ![]() ![]() |
Movemento | Movemento polo software de código aberto ![]() |
Persoas e organizacións | |
Autor/a | Free Software Foundation e Richard Stallman ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | gnu.org… ![]() |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
A GNU General Public License (abreviado como GNU GPL ou GPL; en galego "Licenza pública xeral de GNU" ) é unha licenza de software libre, que garante que os usuarios finais teñen a potestade de usar, estudar, modificar e compartir o software. A licenza escribiuna Richard Stallman, da Free Software Foundation (FSF), para o proxecto GNU e para outorgarlle aos usuarios das aplicacións os dereitos que establece a definición de software libre.[1] Agora os dereitos de autoría da licenza son da Free Software Foundation. A GPL é unha licenza copyleft, polo que os traballos derivados deben e só se poden compartir baixo as mesmas condicións da licenza. Iso é a principal diferenza coas licenzas de software libre permisivas, como son as licenzas BSD e MIT. A GPL foi a primeira licenza copyleft de uso xeral.
A familia de licenzas GPL foi historicamente o grupo de licenzas máis populares no software de código aberto e libre.[2][3][4][5][6] Entre os principais proxectos con estas licenza están o kernel de Linux a librería de compilación de GNU (GCC). Múltiples autores afirman que a licenza GPL foi crucial para o éxito dos sistemas baseados en Linux. Esta licenza deulle a garantía de que o seu traballo beneficiaría a todos e que sempre estaría ese traballo como libre, e non só aproveitado por compañías de software que non benefician a cambio do seu uso á comunidade de desenvolvedores e usuarios.[7]
En 2007 liberouse a terceira versión desta licenza, a GNU GPLv3, co obxectivo de resolver conflitos da segunda versión da licenza. Esa nova versión incluíu unha cláusula opcional de "calquera versión posterior" que permitise a escolla entre os termos orixinais da licenza ou calquera outros posteriores que a FSF estableza. Sendo opcional hai casos nos que esta cláusula se omite cando se establece a licenza dun software, como é, como exemplo, o caso de Linux, que está coa licenza GPLv2 mais sen incluír o de "calquera versión posterior".[8][9]
Existen licenzas derivadas da GPL con outros fins específicos, como a GNU Lesser General Public License que permite o enlace dinámico do código libre a aplicacións propietarias, ou para outro tipo de material, como a GNU Free Documentation License que cobre os artigos da Wikipedia, a Open Audio License para obras musicais.
É unha licenza que segue a definición de libre da FSF[10][11], da OSI[12] , as liñas do software libre de Debian[13], non permite excepción para ligazóns dentro da GPL[14], segue as condicións de Copyleft[15] e non segue as condicións de Copyfree[16].
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gnu_faqs_1
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome blackduck2018
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome redhat2000
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome freecode2008
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome mattasay2011
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome waltervanholst2013
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome dwheeler
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome linuxlicense
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome torvalds2000-gplv2only
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gnu-license-list-gplv2
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gnu-license-list-gplv3
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome osilicenselist
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome debianlicenses
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome iflibraryisgpl
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome fsfcopyleft
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome copyfree
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search