Galego oriental

Agrúpanse no galego oriental as falas do galego situadas xeograficamente máis ao leste e que teñen como características os seguintes fenómenos lingüísticos:

  • Falas moi conservadoras, mantendo algunhas características medievais hai tempo desaparecidas no resto de Galiza (voseo de acusativo, vogais nasais nos Ancares).
  • Sistema tónico con oito vogais, as sete do galego común máis un [a] palatal.
  • Plurais de palabras terminadas en -an -en -on > -ais -eis -ois: pantalón-pantalois.
  • Conservación dos ditongos latinos qua e gua: cuatro, guardar.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search