Gavial

Gavial
Rango fósil: desde hai 33,9 millóns de anos
Eoceno tardío – Actualidade
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Gavialidae
Xénero: Gavialis
Especie: Gavialis gangeticus
(Gmelin, 1789)
Nome binomial
G. gangeticus
Área de distribución do gavial
Área de distribución do gavial

Área de distribución do gavial

O gavial[2] (Gavialis gangeticus), ás veces chamado na literatura gavial do Ganxes ou indio, é unha especie de crocodiliano da familia Gavialidae, e única especie viva do seu xénero, nativa da parte norte do subcontinente indio.[3] A poboación silvestre global de gaviais estímase en tan só 235 individuos, que están ameazados pola perda dos hábitats de ribeira dos ríos, a diminución dos recursos de peixes e por quedar atrapados nas redes de pesca. Como a súa poboación diminuíu drasticamente nos últimos 70 anos, o gavial está hoxe considerado unha especie en perigo crítico na Lista vermella da IUCN.[1]

O gavial é un dos crocodilianos vivos máis longos, xa que chega a medir ata 6,25 m, aínda que este é o límite extremo superior, e un adulto medio adoita medir de 3,5 a 4,.5 m de lonxitude.[4] Ten 110 dentes afiados e interdixitados no seu longo fociño, e está ben adaptado para capturar peixes, que son a súa dieta principal.[5] O macho ten unha protuberancia distintiva ao final do morro, que lembra un pote de barro coñecido en hindi como ghara.[3]

Os gaviais antes habitaban en todos os sistemas fluviais principais do subcontinente Indio, desde o río Irauadi ao leste ao río Indo ao oeste. As súas áreas de distribución están agora limitadas a só un 2% da súa área anterior. Habitan nos grandes ríos de ribeiras areosas que usan para tomar o sol e construír os niños. Xeralmente aparéanse na estación fría. As crías eclosionan antes do comezo do monzón.[5]

O gavial é un dos tres crocodilianos nativos da India; os outros dous son o crocodilo das marismas (Crocodylus palustris) e o crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus).[6]

  1. 1,0 1,1 "Gavialis gangeticus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2007. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gavial.
  3. 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Stevenson2010
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome maskey94
  5. 5,0 5,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome whitaker07
  6. Choudhury, B.C. (ed.) (2006). West Asia Regional Report Arquivado 26 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. Crocodile Specialist Group Steering Committee Meeting, 19 June 2006.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search