Georg Wilhelm Friedrich Hegel

Infotaula de personaGeorg Wilhelm Friedrich Hegel

(1831) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1770 Editar o valor em Wikidata
Stuttgart (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1831 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Berlín (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCólera, disputado Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Dorotheenstadt Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Württemberg Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga
Eberhard-Ludwigs-Gymnasium (en) Traducir
Universidade de Jena
Tübinger Stift (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaQ12899669 Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseFriedrich Schelling Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, lóxica, filosofia da história (pt) Traducir, estética, relixión, metafísica, epistemoloxía, filosofía política e filosofía social Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Berlín (1818–1831) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , escritor , filósofo do dereito , historiador da filosofía , profesor universitario , lóxico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XIX (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1788 Editar o valor em Wikidata - 1831 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
Universidade de Heidelberg Editar o valor em Wikidata
MovementoIdealismo alemão (pt) Traducir, Historicismo e hegelianismo Editar o valor em Wikidata
AlumnosMax Stirner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJohann Eduard Erdmann (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarie von Tucher (1811–)
FillosKarl von Hegel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGeorg Ludwig Hegel Editar o valor em Wikidata  e Maria Magdalena Louisa Hegel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGeorg Ludwig Christoph Hegel (en) Traducir (bisavó) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX840648 iTunes: 366222285 Musicbrainz: 1923602f-e93c-47fc-a342-fb1ca10250f5 WikiTree: Hegel-7 Find a Grave: 6664 Editar o valor em Wikidata

Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831 en Berlín, foi un filósofo alemán e un importante persoeiro do idealismo alemán. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición continental da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica[1]. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da filosofía occidental é recoñecida de xeito universal.

O seu principal logro é o desenvolvemento da distintiva articulación do idealismo, ás veces denominado «idealismo absoluto»[2], na que se superan os dualismos de, por exemplo, a mente e a natureza e o suxeito e obxecto. A súa filosofía do espírito integra conceptualmente a psicoloxía, o Estado, a historia, a arte, a relixión e a filosofía. A súa achega sobre a dialéctica do amo e do escravo influíu enormemente, especialmente na Francia do século XX. De salientábel importancia é o seu concepto de espírito (Geitst, ás veces traducido como «mente») como a manifestación histórica do concepto lóxico e a «sublimación» (Aufhebung 'integración sen unha eliminación ou redución') de factores aparentemente contraditorios ou opostos; exemplos inclúen a aparente oposición entre a natureza e a liberdade e entre a inmanencia e transcendencia. Hegel foi visto no século XX como o creador da tríade da tese-antítese-síntese[3]; porén, isto foi citado por primeira vez por Johan Gottlieb Fichte[4].

Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. Karl Barth describiu a Hegel como un «aquiniano protestante», mentres que Maurice Merleau-Ponty escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de Marx e Nietzsche, a fenomenoloxía, o existencialismo alemán e a psicanálise— tiveron os seus comezos en Hegel».

  1. "Georg Wilhelm Friedrich Hegel". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  2. Este termo é bastante raro nos escritos de Hegel. Non se atopa en ningures en Wissenschaft der Logik (aínda que se achega nunha observación na páxina 124 da tradución do 2010 de Giovanni, GW 21.142). Na presentación da súa lóxica en Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften pódese atopar no §45R.
  3. Solomon, Robert C. (1985). In the Spirit of Hegel. Oxford University Press. ISBN 978-0195036503. 
  4. Gottlieb Fichte, Johann (1993). Fichte: Early Philosophical Writings. Cornell University Press. ISBN 978-0801481215. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search