Goberno

Fachada do pazo do Parlamento de Galicia.

Goberno é un corpo ou un ente que ten a autoridade e a potestade administrativa para facer e o poder para executar as leis dentro dun grupo ou organización civil, corporativo, relixioso ou académico. Nun sentido amplo, gobernar significa administrar ou supervisar, xa sexa un estado, un grupo de persoas, ou un conxunto de activos; é dicir, é a forma política coa que un estado é gobernado.[1][2] A palabra galega "goberno" deriva do grego Κυβερνήτης (kyvernites). O goberno ou gabinete é a instancia máxima de administración executiva e é o centro desde o que o poder político é exercido sobre a sociedade. Está constituído por un órgano colexiado (por iso tamén se chama Consello de Ministros), formado por un presidente ou primeiro ministro e uns ministros ó que a Constitución ou a norma fundamental dun Estado atribúe o poder executivo.

O Goberno constitúe o centro dende o cal se exerce o poder político sobre unha sociedade. Podería dicirse que ten unha función identificadora da actividade política, é o núcleo irredutible, sen o cal parece difícil pensar na dimensión da propia política. Este pode ser analizado dende tres puntos de vista, segundo os seus actores, como un conxunto de funcións, ou polas súas institucións.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gobernar.
  2. "govern". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search