Gorilla beringei graueri | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Gorilla beringei graueri (Matschie, 1914) | |||||||||||||||||
Área de distribución (en cor verde).
|
O Gorilla beringei graueri é unha das dúas subespecies do Gorilla beringei. Trátase dun animal endémico dos bosques montañosos do leste da República Democrática do Congo. As maiores poboacións viven no Parque Nacional de Kahuzi-Biega, no Parque Nacional de Maiko e nos bosques adxacentes, a Reserva de gorilas de Tayna, o bosque de Usala e nas Montañas Itombwe.
É o meirande das catro subespecies de gorila existentes. Ó igual que o Gorilla beringei beringei, a súa pelaxe é enteiramente negra, aínda que máis curta na testa e no corpo. A pelaxe dos machos, como ocorre co resto dos gorilas, tórnase gris no lombo cando o animal madura.
En comparanza co Gorilla gorilla gorilla, o gorila oriental é moito menos abondoso, xa que se estima que hai uns 5.000 en liberdade, mentres que a variedade occidental rolda os 100.000.[2]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search