Guerra civil

A cidade de Gernika devastada pola aviación fascista en 1937 durante a guerra civil española.

Guerra civil é a denominación usada para calquera enfrontamento bélico onde os participantes están xeralmente formados por dous ou máis eixos políticos contrarios xerados dentro dun mesmo país. O termo é un calco do latín bellum civile que se usou para referirse ás distintas guerras civís da República romana no século I a.C. A súa característica máis común é que o conflito armado desenvólvese nun mesmo país, enfrontándose entre si persoas dun mesmo lugar (cidade, pobo ou comunidade) defendendo, usualmente, dúas ideoloxías ou intereses distintos. Nalgúns casos o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio; aínda que entón non sempre se consideran «guerras civís» (exemplos dun tipo ou outro poden ser a guerra civil estadounidense ou as guerras de descolonización).

Neste tipo de conflagración, prodúcese ás veces a intervención de unidades estranxeiras de distintos países, á parte, axudando ou colaborando cos distintos bandos desa mesma guerra civil, cuxos individuos chegan a ser voluntarios civís que apoian a ideoloxía do bando seleccionado.

No século XIX, África foi escenario de numerosas guerras civís en moitos dos seus países debido xeralmente a loitas polo poder das etnias máis importantes de cada país, chamadas «guerras esquecidas», debido a que son coñecidas polo público só cando hai un xenocidio ou un gran masacre de persoas.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search