Guerra total

Un póster estadounidense deseñado durante a segunda guerra mundial. Tradución: «A comida é unha arma. Non a desperdicie! Compre con prudencia. Cociñe con coidado. Cómao todo».

A guerra total é un termo do século XX que describe a unha guerra na que os países ou as nacións mobilizan e forzan ata o límite todos seus recursos dispoñibles, xa sexan humanos, militares, industriais, agrícolas, naturais, tecnolóxicos, científicos, ou de calquera outro tipo, para destruír totalmente a capacidade doutro país ou nación de iniciar unha guerra. A práctica da guerra total utilizouse durante séculos, pero non foi ata mediados do século XIX que se recoñeceu que a guerra total era unha forma distinta de facer a guerra.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search