Helicobacter

Helicobacter é un xénero de bacterias gramnegativas que teñen unha forma helicoidal característica. Inicialmente foron consideradas membros do xénero Campylobacter, pero desde 1989 teñen o seu propio xénero. O xénero Helicobacter pertence á clase Epsilonproteobacteria e comprende actualmente máis de 30 especies.[1][2][3][4]

Algunhas das especies atopáronse vivindo no revestimento do tracto gastrointestinal superior, e no fígado de mamíferos e dalgunhas aves.[5] A especie máis coñecida do xénero é H. pylori, que infecta ata a un 50% da poboación humana.[4] Algunhas cepas desta bacteria son patóxenas para os humanos, xa que está moi asociada coa úlcera péptica, gastrite crónica, duodenite, e cancro de estómago. Tamén é a especie tipo do xénero.

As especies de Helicobacter poden prosperar no ambiente moi ácido do estómago de mamífero ao producir grandes cantidades do encima urease, que eleva localmente o pH desde ~2 a un valor máis biocompatible entre 6 e 7.[6] As bacterias deste xénero son xeralmente susceptibles aos antibióticos como a penicilina, son microaerófilos (a concentración de osíxeno óptima para elas está entre 5 e 14%) capnófilos (viven en altas concentracións de CO2), e móvense moi rapidamente cos seus flaxelos.[7][8]

  1. Boyanova, L (editor) (2011). Helicobacter pylori. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-84-4. 
  2. Goodwin CS, Armstrong JA, Chilvers T; et al. (1989). "Transfer of Campylobacter pylori and Campylobacter mustelae to Helicobacter gen. nov. as Helicobacter pylori comb. nov. and Helicobacter mustelae comb. nov., respectively". Int. J. Syst. Bacteriol. 39 (4): 397–405. doi:10.1099/00207713-39-4-397. 
  3. Vandamme P, Falsen E, Rossaq R; et al. (1991). "Revision of Campylobacter, Helicobacter, and Wolinella taxonomy: emendation of generic descriptions and proposal of Arcobacter gen. nov". Int. J. Syst. Bacteriol. 41 (1): 88–103. PMID 1704793. doi:10.1099/00207713-41-1-88. 
  4. 4,0 4,1 Yamaoka Y (editor). (2008). Helicobacter pylori: Molecular Genetics and Cellular Biology. Caister Academic Press. ISBN 1-904455-31-X. [1]. 
  5. Ryan KJ, Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9. 
  6. Dunn BE, Cohen H, Blaser MJ (1 de outubro de 1997). "Helicobacter pylori". Clin Microbiol Rev. 10 (4): 720–741. PMC 172942. PMID 9336670. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  7. Hua JS, Zheng PY, Ho B (1999). "Species differentiation and identification in the genus of Helicobacter" (PDF). World Journal of Gastroenterology. 5 (1): 7–9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  8. Rust; et al. (2008). "Helicobacter Flagella, Motility and Chemotaxis". Helicobacter pylori: Molecular Genetics and Cellular Biology (Yamaoka Y, ed.). Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-31-8. [2]. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search