Hermafroditismo

Símbolo ás veces asociado ao hermafroditismo, derivado do símbolo grecorromano de Hermes/Mercurio.

O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia.[1] Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de animal hermafrodita é o percebe.

  1. AA.VV. (2002). Hermafrodita, en: Nuevo Diccionario de Términos Científicos (1° ed.). Barcelona: Océano S.L. p. 119. ISBN 84 7556 157 8. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search