Homo

Homo é o xénero de homínidos que inclúe os humanos modernos. Estímase que ten unha antigüidade de entre 2,4 e 1,6 millóns de anos. Todas as especies, agás Homo sapiens, están extinguidas. A última das especies relacionadas en desaparecer foi Homo neanderthalensis hai 30.000 anos, aínda que descubrimentos recentes suxiren que o Homo floresiensis desapareceu hai 12.000 anos.

O termo úsase para designar os humanos desde que Carl von Linné llo asignara en 1758

En relación aos Australopithecus, xa as primeiras especies do xénero Homo foron moito máis omnívoras, con dentes máis pequenos e a cara menos prominente e asociados a eles nos rexistros fósiles atópanse restos de ósos e pedras traballados. Os machos Homo son entre un 15 e un 20% máis corpulentos que as femias, a diferenza dos Australopithecus nos que o dimorfismo sexual era moito máis acusado, o que podería indicar que os machos non tiñan que competir polas femias, senón que dentro do grupo había unha complexa rede de relacións sociais e de cooperación propios dunha sociedade de cazadores-colleitadores.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search