Instagram

Instagram

Logotipo de Instagram

Editar o valor em Wikidata
TipoFotografía e vídeo
Fundación6 de outubro de 2010 (13 anos)
FundadorKevin Systrom
Mike Krieger
IndustriaInternet
Na rede
https://www.instagram.com
Facebook: instagram Twitter: instagram Instagram: instagram LinkedIn: instagram Youtube: UCHQU99yKRd_BQVSci2MZ08w Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.

Instagram foi creada por Kevin Systrom e Mike Krieger e foi lanzada en outubro de 2010. A aplicación gañou popularidade de forma doada, con máis de 100 millóns de usuarios activos en abril do 2012 e superou os 300 millóns en decembro de 2014.[1] Instagram foi deseñada orixinalmente para iPhone e á súa vez dispoñíbel para os seus irmáns iPad e iPod co sistema iOS 3.0.2 ou superior. A principios de abril de 2012, publicouse unha versión para Android.

A partir da versión 4.0 a aplicación permite ao usuario a toma de filmes cunha duración máxima de 15 segundos. Esta nova ferramenta inclúe estabilización de imaxe.

  1. "Con 300 millones de usuarios, Instagram ya supera a Twitter". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2014. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search