Leonardo da Vinci

Infotaula de personaLeonardo da Vinci

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Leonardo di ser Piero da Vinci Editar o valor em Wikidata
15 de abril de 1452 Editar o valor em Wikidata
Anchiano (República de Florencia) Editar o valor em Wikidata
Morte2 de maio de 1519 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Clos Lucé (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Amboise (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFlorencia (1500–)
Milán (1482–1500)
Florencia (1469–1482)
Roma
Venecia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública de Florencia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura do Renacemento, escenografía, enxeñaría, Fisioloxía e pintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Amboise
Milán
Roma
Mantua
Florencia
Venecia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , botánico , químico , fisiólogo , físico , compositor , zoólogo , científico , caricaturista , deseñador , debuxante arquitectónico , escritor , inventor , enxeñeiro civil , filósofo , astrónomo , enxeñeiro , diplomático , anatomista , escultor , matemático , arquitecto , polímata , artista visual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade - 1519 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLudovico Sforza (pt) Traducir (1482–1500)
César Borgia Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato, pintura relixiosa e arte sacra Editar o valor em Wikidata
MovementoAlto Renacemento e Renacemento Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoLeonardo da Vinci: The Complete Paintings and Drawings (en) Traducir (2003) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAndrea del Verrocchio, John Argyropoulos e Paolo dal Pozzo Toscanelli Editar o valor em Wikidata
AlumnosPontormo, Francesco Melzi, Andrea Solari, Cesare da Sesto e Gian Giacomo Caprotti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
MecenasLudovico Sforza (pt) Traducir (1482–)
Lourenzo de Medici (1477–)
Francisco I de Francia Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
PaisPiero da Vinci Editar o valor em Wikidata  e Caterina di Meo Lippi Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1827914 BNE: XX971832 Bitraga: 2915 Musicbrainz: dc0640db-f5db-4fde-a5ca-ab1331f94a43 Discogs: 2132839 WikiTree: Vinci-33 Find a Grave: 3673 Editar o valor em Wikidata
Estatua de Leonardo da Vinci na Galería Uffizi.

Leonardo da Vinci (It-Leonardo di ser Piero da Vinci.ogg Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452[1] e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519,[2][3] foi un artista florentino e destacado polímata[4] en diferentes eidos: foi pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico,[5][6][7] icona do Renacemento italiano.

Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva,[8] Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.[9]

É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.[10] Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por Michelangelo.

A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o sfumato e o clarescuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.

Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable),[11] xa que a maioría aínda non eran realizables nesa época.[12] Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas da anatomía, a enxeñaría civil, a óptica e a hidrodinámica.

No ano 2008 foi elixido, nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos, o personaxe máis influente na sociedade europea actual.[13] Nun estudo realizado en 1926 o seu cociente intelectual (CI) foi estimado en cerca de 180.[14][15]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome data
  2. Friedenthal (1986), p. 9
  3. Pietro Marani (2005). Dizionario Biografico degli Italiani, ed. Leonardo da Vinci (en italiano) 64. Consultado o 23 de novembro do 2017. 
  4. Polímata: Persoa que coñece, comprende ou sabe moito.
  5. Antonio Falchi, Leonardo musicista, Società editrice Dante Alighieri, 1902. ISBN non dispoñible
  6. Mariangela Mazzocchi Doglio, Leonardo e gli spettacoli del suo tempo, Electa, 1983. pp.14-20. ISBN 88-435-0956-X
  7. (en inglés) Emanuel Winternitz, Leonardo da Vinci as a Musician, EUA: Yale University Press, 1982. ISBN 978-0-300-02631-3
  8. Helen Gardner, Art through the Ages, Harcourt, Brace and World, 1970.
  9. Segundo Vasari, Boltraffio, Castiglione, Gaddiano, Berensen, Taine, Fuseli, Rio, Bortolon e outros indican nas súas obras sobre Leonardo.
  10. Quince é a cifra aceptada pola maioría dos historiadores da arte. A atribución doutras obras a Leonardo da Vinci aínda está suxeita a debate.
  11. Algúns dos inventos máis prácticos de Leonardo da Vinci están expostos en estado de funcionamento nos museos.
  12. A visión científica moderna da metalurxia e da enxeñería achábase en estado embrionario na época do Renacemento.
  13. La Voz de Galicia (ed.). ""Leonardo da Vinci, el personaje más influyente de la cultura europea"" (en castelán). Consultado o 26/01/2013. 
  14. Sharp, Evelyn. The IQ cult, Coward, McCann & Geoghegan, 1972.
  15. Salazar, Horacio. El ombligo de Edipo, Fondo Editorial de Nuevo León, 1991. ISBN 968-6211-30-6, ISBN 978-968-6211-30-6

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search