![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
دولة ليبيا (ar) ![]() | |||||
Himno | Líbia, Líbia (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Trípoli ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.678.567 (2018) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.759.541 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Punto máis alto | Bikku Bitti (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Sabkhat Ghuzayyil (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía 15 de agosto de 1551: Tripoli Eyalet (en) ![]() 24 de decembro de 1951: Reino de Libia 1 de setembro de 1969: República Árabe da Líbia (pt) ![]() 2 de marzo de 1977: Líbia Era Muammar al-Gaddafi (pt) ![]() ![]() | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república ![]() | ||||
• Chairman of the Presidential Council (en) ![]() ![]() | Mohamed al-Menfi (pt) ![]() ![]() | ||||
• Prime Minister of Libya (en) ![]() ![]() | Abdulhamid Dabaiba (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Câmara dos Representantes da Líbia (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 39.798.423.941 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | dinar líbio (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ly ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +218 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 190 (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | LY ![]() | ||||
![]() |
Libia[1] (en árabe: ليبيا Lībiyā, en bérber: Libya), é un país situado na rexión do Magreb no Norte de África. Ás beiras do mar Mediterráneo ao norte, Libia limita con Exipto ao leste, Sudán ao sueste, Chad e Níxer ao sur, e Alxeria e Tunisia ao oeste[2]. Na Grecia antiga, o termo Libia era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda África do Norte ao oeste de Exipto.[3]
Cunha área de ao redor de 1 800 000[4] quilómetros cadrados, Libia é o cuarto país máis grande de África por área e o décimo sétimo do mundo. A súa capital, Trípoli, acolle a 1,7 millóns dos 6,4 millóns de cidadáns libios. As tres partes tradicionais do país son Tripolitania, Fezzan e a Cirenaica.[5] Libia posúe ademais o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e o cuarto maior PIB per capita de África en 2009, só detrás das Seychelles, Guinea Ecuatorial e Gabón.[6] Isto é debido principalmente ás súas reservas petrolíferas e á súa baixa poboación[7]. Libia é un dos dez maiores produtores de petróleo mundiais. Conseguindo a súa independencia como Reino de Libia en 1951[8], o estado estivo gobernado dende 1969 até 2011 por Muammar al-Gaddafi, que chegara ao poder nun golpe militar e instaurara a Jamahiriya, teorizada polo propio Gaddafi.[4]
A mediados de febreiro de 2011, protestas e manifestacións masivas estouparon en Libia contra o goberno de Gaddafi, estourando unha guerra civil. O 26 dese mesmo mes, as forzas Anti-Gaddafi informaron que tiñan baixo o seu control varias vilas costeiras e cidades e o día seguinte, o 27 de febreiro, crearíase un organismo coñecido como Consello Nacional Libio para actuar como o "rostro político da revolución", o cal foi recoñecido o 16 de setembro do mesmo ano como único representante legal do estado.[5]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search