Lingua aragonesa

Aragonés
Pronuncia:[aɾaɣoˈnes]
Falado en: España España
Rexións: Norte de Aragón
Total de falantes: 54.481 (incluíndo falantes vivindo fóra da área nativa); (2011)
Familia: Itálica
 Románica
  Occidental
   Ibero-románica
    Aragonés
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Academia de l'Aragonés
Códigos de lingua
ISO 639-1: an
ISO 639-2: arg
ISO 639-3: arg
SIL: ARG
Mapa
Status

O aragonés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O aragonés[2] é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia.

Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aragonés.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search