Lingua frisoa

Frisón
'Frysk, friisk, frasch, fresk'
Falado en: Países Baixos, Alemaña.
Total de falantes: 700.000
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Frisón
Códigos de lingua
ISO 639-1: fy
ISO 639-2: fry
ISO 639-3: varios:
fri — [[]]
frs — [[]]
frr — [[]]
Mapa
Status

O frisón[1] (frysk) é unha lingua xermánica occidental falada na Frisia (norte dos Países Baixos, noroeste de Alemaña, moi próxima ó inglés e en grave perigo de desaparición). Os saxóns, os anglos e os xutos, antes de emigrar para a actual Inglaterra, falaban unha mesma lingua cos frisóns. Os actuais falantes son descendentes directos daqueles pobos xermánicos. Dos primeiros séculos da nosa era consérvanse escasos rexistros, entre eles unhas poucas epigrafías en alfabeto rúnico. A rexión de Frisia acabou dependente dos Países Baixos. Ata o século XV o frisón era unha lingua viva que se utilizaba ata na administración e asuntos oficiais. Dos séculos XIII a XVI consérvanse numerosos documentos de tipo legal, normativo, cartas, contratos pero tamén literarios como sagas e lendas populares, e traducións de salmos. A partir deste momento empeza a ser paulatinamente relegada polo neerlandés e o alemán.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frisón.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search