Lingua galega

Galego
Pronuncia:[ɡaˈleɣo̝][1]
Falado en: Galicia
Terra Eo-Navia
O Bierzo
As Portelas
Val de Xálima
Diáspora galega
Total de falantes: 2,4 millóns (2012)
58% da poboación de Galicia (c. 1,56 millóns) son falantes como primeira lingua (2007)[2]
Posición: 158 (Ethnologue, 2013)
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Occidental
     Galoibérica
      Iberorrománica
       Galaico-portugués
        Galego
Escrita: Alfabeto latino (galego)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Galicia Galicia
A Veiga (Asturias)[3]
Regulado por: Real Academia Galega
Códigos de lingua
ISO 639-1: gl
ISO 639-2: glg
ISO 639-3: glg
SIL: GLG
Mapa
Status

O galego está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[4]
Parte da serie sobre o
Pobo galego
Por país
Demografía de Galicia
Diáspora
Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela
Cultura
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe
Linguas
Galego
Dialecto berciano
Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas
Historia de Galicia

O galego ([ɡaˈleɣo̝][1]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia,[5] onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos.[6] Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga),[7] así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

O galego moderno forma parte do grupo de linguas ibero-occidentais, unha familia de linguas románicas que inclúen o portugués, e que se desenvolveu dende o latín vulgar falado na provincia de Gallaecia, e evolucionou ao que os lingüistas chaman galaico-portugués, falado no Reino de Galicia. As diverxencias dialectais son observables entre as formas do norte e do sur do galaico-portugués en textos do século XIII, mais as dúas variedades eran semellantes abondo para manter un alto grao de unidade até mediados do século XIV, coa literatura galego-portuguesa medieval. A diverxencia continuou até o presente, producindo as modernas linguas galega e portuguesa.[8]

O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén certo número de palabras de orixe celta e xermánica, entre outros substratos e adstratos. Tamén incorporou certo número de palabras do árabe de Al-Andalus, principalmente a través do castelán.

A Real Academia Galega é consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente, a entidade competente para a fixación das normas da lingua galega, non obstante as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega.[9]

  1. 1,0 1,1 Dicionario de pronuncia da lingua galega
  2. Observatorio da Lingua Galega (ed.). "Observatorio da Lingua Galega" (PDF). Consultado o 21 de decembro de 2019. 
  3. "13 de xaneiro de 2016". Praza Pública. 
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  5. Constitución española de 1978 art. 3.2. e Estatuto de Autonomía de Galicia art. 5
  6. Ethnologue (ed.). "O galego en Ethnologue". Consultado o 11 de abril de 2018. 
  7. O concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio, nova publicada en Praza Pública o 13 de xaneiro de 2016.
  8. de Azevedo Maia, Clarinda (1997). Fundação Calouste Gulbenkian, ed. História do galego-português: estado linguístico da Galiza e do noroeste de Portugal desde o século XIII ao século XVI (com referência à situação do galego moderno) (Reimpressã da edição do INIC (1986) ed.). Lisboa. pp. 883–891. ISBN 9789723107463. 
  9. "Institucións" no Portal da Lingua Galega.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search