Lingua ladina

Ladino
ladin
Falado en: Italia Italia
Rexións: Trentino-Tirol do Sur
Total de falantes: 40.000
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Ítalo-occidental
    Galoibérica
     Retorrománica
      Ladino
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Servisc de Planificazion y Elaborazion dl Lingaz Ladin
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: lld
Mapa
Status

O ladino está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O ladino[2] (en ladino: ladin, en italiano: ladino, en alemán: Ladinisch) é unha lingua que pertence á familia lingüística romance estreitamente relacionada co romanche e o friulano. É falada polo pobo ladino na rexión histórica de Ladinia nos Alpes Dolomitas que administrativamente abrangue parte das provincias de Tirol do Sur, Trento e Belluno rodeados de territorio de lingua tradicional alemá, conservando a súa lingua, a cal agora ten recoñecemento social como lingua independente, aínda que carece dunha forma estándar común pese a que existen tentativas para creala,[3] existindo formas escritas dos diferentes dialectos desde o século XIX. Está recoñecida como lingua minoritaria en 54 concellos [4] e segundo o censo de 2011 contaba con 18.550 falantes en Trento [5] e 20.548 no Tirol do Sur,[6] non existindo datos para o número de falantes en Belluno.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ladino.
  3. "Servisc de Planificazion y Eleborazion dl Lingaz Ladin". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  4. Second report submitted by italy pursuant to article 25, paragraph 2 of the framework convention for the protection of national minorities
  5. [1]
  6. Censimento linguistico, variazioni tutte entro lo 0,5%: lieve calo del gruppo italiano

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search