Lingua portuguesa

Portugués
Português
Falado en: Oficialmente en
Angola Angola
Brasil
Cabo Verde Cabo Verde
Timor Leste
Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial
Guinea-Bissau Guinea-Bissau
Macau ( República Popular da China)
Mozambique Mozambique
Portugal Portugal
San Tomé e Principe San Tomé e Príncipe
Países e territorios cunha porcentaxe significativa de falantes:
España España
Arxentina
Australia Australia
Bermudas
Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
Francia
Xapón
Xersei Illa de Jersey
Luxemburgo Luxemburgo
Paraguai
Sudáfrica Suráfrica
Suíza Suíza
Uruguai
Venezuela
Rexións: Europa Occidental, América, África, Asia, Oceanía
Total de falantes: 250 millóns (primeira lingua) aproximadamente 300 millóns (primeira e segunda lingua)
Posición: 6
Familia: Indoeuropea
 Románica
  Románica occidental
   Galoibérica
    Iberorrománica
     Ibero-occidental
      Galaico-portugués
       Portugués
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste
Regulado por: CPLP
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: pt
ISO 639-3: por
SIL: POR
Mapa
Status

O portugués está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O portugués[2] é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.

Hoxe en día é unha das linguas do mundo máis faladas, na sexta posición[3] en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a segunda lingua con maior número de falantes en Suramérica (máis de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en varias rexións de África.[4][5]

O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macau, e co tetum en Timor Leste.

O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII, cando se iniciou un proceso de afastamento debido, entre outras razóns, a que en Portugal adquiriu o carácter de lingua estatal e que Galiza se incorporou á Coroa de Castela, que posteriormente chegaría a formar España, sen se estabelecer polo tanto como lingua oficial en Galiza, e desaparecendo como lingua literaria durante tres séculos (XVI, XVII e XVIII). O esplendor literario medieval do galaico-portugués foi descoñecido, nos dous lados da fronteira, ata a década de 1920. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente[6] como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portugués.
  3. Estatísticas da Unesco (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura), que revela a existencia de 6,7 mil linguas vivas no mundo. Segundo a institución, o portugués está atrás do mandarín, hindi, español e inglés.
  4. Babbel.com; GmbH, Lesson Nine. "The 10 Most Spoken Languages In South America". Babbel Magazine (en inglés). Consultado o 2024-02-09. 
  5. Hagermeijer, Tjerk (2016-09-26). "O português em contacto em África". En Carrilho e Martins. Manual de linguística portuguesa (en portugués). Walter de Gruyter GmbH & Co KG. ISBN 978-3-11-036884-0. 
  6. Estatuto de Galiza

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search