Lingua sarda

Sardo
Sardu
Pronuncia:ˈsaɾdu
Falado en: Italia
Rexións: Sardeña
Total de falantes: ~1 000 000 (1999–2007)
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Románica occidental
    Románica meridional
     Sardo
Status oficial
Lingua oficial de: Sardeña Sardeña [1][2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: sc
ISO 639-2: srd
ISO 639-3: sro
Mapa
Status

O sardo está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

O sardo[4] (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto coa lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín.

  1. "Legge Regionale 15 ottobre 1997, n. 26". Regione autonoma della Sardegna – Regione Autònoma de Sardigna. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 03 de xullo de 2018. 
  2. "Testo Unificato n.36-167-228/A, Regione autonoma della Sardegna – Regione Autònoma de Sardigna" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2018. Consultado o 03 de xullo de 2018. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sardo.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search