![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2020) |
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde marzo de 2020.) |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Linux | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Desenvolvedor | Linus Torvalds, e a comunidade de colaboradores ao redor do mundo. |
Familia de S.O. | Software libre |
Lanzamento | versión 0.01, 17 de setembro de 1991 |
En galego | Si |
Espazo de usuario | Escritorio, escritorio táctil, dispositivos móbiles, servizos incorporados, servidores, supercomputadoras |
Interface de usuario | Múltiples interfaces gráficas |
Modelo de desenvolvemento | Desenvolvemento iterativo, mediante código aberto e colaboración da comunidade.[1] |
Núcleo | Linux Kernel |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | GNU versión 2[2][3] con algunhas outras de libre distribución (privativas) para módulos de kernel.[4][5] |
Última versión estable | 4.14.10 (estable)[6] 29 de decembro de 2017 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Sitio web | kernel.org |
Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux.[7] Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores[8] e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos. Desenvólvese con git en github[9][10] e debatendo en listas de correos, fundamentalmente na lista Linux kernel mailing list (LKML: "lista de desenvolvemento do kernel de Linux"). O kernel de Linux libérase coa licenza GPL v2[3].
A familia de sistemas GNU/Linux que empregan este kernel, e que se distribúen como distribucións GNU/Linux, engádenlle recursos ao kernel, como ferramentas de empaquetado de software, e distribúeno. As distribucións de GNU/Linux empréganse tanto en computadores persoais como en servidores; e está implementado para dispositivos como routers, puntos de acceso de rede sen fíos, sistemas de telefonía como a PBX, decodificador de televisión, FTA, smart TVs, gravadores de vídeo dixitais PVR ou sistema de almacenamento en rede NAS. Ademais, o sistema operativo Android, que está en tabletas e teléfonos e reloxos; usa os servizos que lle ofrece o kernel de Linux. Aínda que o uso no escritorio de Linux está arredor do 3%[11][12][13], Linux domina todos os demais usos de sistemas operativos: desde os dispositivos móbiles e televisión ás supercomputadoras. A comezos do 2018 Linux estaba presente en todos e cada un dos 500 supercomputadoras máis potentes do planeta.[14]
O kernel de Linux foi concibido e creado en 1991 polo daquela estudante de ciencias da computación finlandés, Linus Torvalds.[15] Pensouno para uso persoal e sen pensar en interaccións entre plataformas, mais axiña se popularizou o seu proxecto e adaptouse para múltiples arquitecturas de computadores, por riba de calquera outro sistema operativo ou kernel.[15] Logo gañou popularidade entre os desenvolvedores e usuarios, que empregaron ese kernel para outros proxectos de software libre, en particular o proxecto do sistema operativo GNU.[16]
A API do kernel de Linux, é a interface para programar aplicacións (API) coa que os programas interactúan co kernel. Está deseñada para ser estable e non dar erros no contorno de aplicacións do usuario, como as aplicacións con interfaces gráficas (GUIs) ou as que dependen doutras aplicacións. É función do kernel controlar o hardware, polo que os principais dispositivos inténtanse que sexa implementados e estables. Porén, a interface entre o kernel e os módulos de carga do kernel (LKMs) son a parte que non está directamente pensada para ser a máis estable.[17]
O kernel de Linux segue recibindo a contribución de miles de programadores e empresas de todo o mundo.[18] En 2017 contribuíron no seu desenvolvemento máis de 15.600 desenvolvedores de máis de 1.400 empresas, o que supuxo o aumento nun ano de 4.300 de 500 empresas.[19] As compañías aportan máis do 80% dos desenvolvedores do kernel[20] e as que destacaron no seu desenvolvemento no ano 2017 foron Intel, Red Hat, Linaro, IBM, Samsung, SUSE, Google, AMD, Renesas, Mellanox, Texas Instruments e ARM.[19][21]. Máis do 37% das webs fornécenas equipos con sistemas Linux.[22]
Nótese ademais que a única versión válida da GPL no que respecta ao kernel é _esta_ versión en particular da licenza (ie v2, nin v2.2 nin v3.x ou a que sexa), agás que se diga o contrario.
path: root/firmware/WHENCE
Para os ambientes de escritorio entre novembro e decembro de 2017 statcounter cita unha porcentaxe de uso do 2.33%."
Para os ambientes de escritorio entre novembro e decembro de 2017 statcounter cita unha porcentaxe de uso do 1.53%.
Para o sistema operativo que se identifican navegando na web, en 2017 w3schools rexistrou un mínimo do 5.3% e un máximo 6.0% de porcentaxe de uso de Linux.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome top500stats
This is being written to try to explain why Linux does not have a binary kernel interface, nor does it have a stable kernel interface.
Since 2005, over 3700 individual developers from over 200 different companies have contributed to the kernel.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search