Literatura

Libros antigos do Colexio Merton da Universidade de Oxford.

A literatura[1] é a arte de escribir. Segundo aparece no Dicionario de Autoridades de 1734,[2] a literatura é "o coñecemento e ciencias das letras". En xeral, pódese entender como literatura calquera tipo de texto. Mesmo hai quen defende que se pode incluír calquera tipo de traballo baseado en símbolos, como a banda deseñada, as imaxes ou a escultura. Porén, considérase polo xeral que a literatura só son os textos escritos dunha certa calidade e de certos xéneros, excluíndo a banda deseñada, a novela romántica ou a de "policías", por exemplo. Os temas son moi variados.

Considérase un xénero literario cada unha das manifestacións formais das obras literarias segundo unha clasificación que ten en conta a estrutura e o contido. Dende Platón e Aristóteles até case o século XIX, foron estabelecidos como básicos tres xéneros, que partían da imitación e da descrición da natureza. Da primeira xorde o xénero dramático (traxedia, drama, comedia), da segunda o lírico (poesía) e da súa fusión, a épica.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para literatura.
  2. Diccionario de autoridades, Real Academia Española, volums I-VI, 1a edición, publicada en 1726-1739. Edición facsímile, Editorial Gredos, 1963, tres volumes.
  3. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "gènere literari". l'Enciclopèdia. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2010. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search