O lume (do latínlumen, -inis, relacionado con lux ‘luz’)[1] é o resultado dun proceso de oxidación violenta de materia combustible que produce luz, calor, vapor de auga e dióxido de carbono. O lume caracterízase pola masa gasosa coñecida como lapas que se desprende da materia que arde. É un proceso moi exotérmico.
Lume e fogo son conceptos próximos pero só ás veces funcionan como sinónimos[2][3].
↑Segundo o DRAG: Fogo e lume son palabras de significados moi próximos pero con usos distintos, aínda que é difícil establecer unha delimitación teórica. Propiamente o fogo refírese á combustión en si ou á súa manifestación en forma de calor, mentres que o lume indica luz, chama, claridade e mesmo calor. O uso de fogo é por tanto moito máis restrinxido e só moi raramente pode aparecer en vez de lume.
↑Exemplos de uso de fogo e lume no refraneiro galego: A neve onde o fogo, derrétese logo. No palleiro, non fagas lume nin co esqueiro.