Magnetosoma

As cadeas de magnetosomas son orgánulos procariotas membranosos presentes nas bacterias magnetotácticas. Conteñen de 15 a 20 cristais de magnetita que todos xuntos actúan como a agulla dun compás para orientar ás bacterias magnetotácticas en campos magnéticos, para dese modo facilitarlles a procura dos ambientes microaerófilos máis axeitados para elas. Cada cristal de magnetita do magnetosoma está rodeado por unha bicapa lipídica, e diversas proteínas solubles e transmembrana están espalladas por esa membrana. Recentes investigacións demostraron que os magnetosomas son invaxinacións da membrana e non vesículas independentes.[1] tamén se encontraron magnetosomas que conteñen magnetita en algas magnetotácticas eucarióticas, as cales contiñen en cada célula miles de cristais.

  1. Komeili, A., Zhuo Li and D. K. Newman "Magnetosomes Are Cell Membrane Invaginations Organized by the Actin-Like Protein MamK" Science, 311, Jan. 2006, p. 242-245

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search