Manufactura

Fabricación dun automóbil por Tesla

Manufactura (do latín manus 'man' e factura 'feitura') ou fabricación é a creación ou produción de bens coa axuda de man de obra, maquinarias, ferramentas procesos químicos ou biolóxicos. É a esencia do sector secundario da economía.[1] O termo pode referirse a unha serie de actividades humanas, dende a artesanía ata alta tecnoloxía, pero aplícase máis comunmente ao deseño industrial , na que as materias primas do sector primario se transforman en produtos acabados a grande escala. Estes produtos pódense vender a outros fabricantes para a produción doutros produtos máis complexos (como aeronaves, electrodomésticos, mobles, equipos deportivos ou automóbiles), ou distribuído a través da industria terciaria a usuarios finais e consumidores (normalmente a través de grosistas (comerciantes por xunto), que á súa vez venden a vendedores polo miúdo, quen á súa vez os venden a clientes individuais).

A enxeñaría de manufactura é o campo da enxeñería que deseña e optimiza o proceso de fabricación, ou os pasos polos que as materias primas se transforman nun produto final.[2] O proceso de fabricación comeza co deseño do produto e a especificación dos materiais. Estes materiais son entón modificados a través da fabricación para converterse no produto desexado. Tamén involucra procesos de elaboración de produtos semimanufacturados.

A fabricación moderna inclúe todos os procesos intermedios implicados na produción e integración dos compoñentes dun produto. Algunhas industrias, como os fabricantes de semicondutores e aceiro, usan no seu lugar o termo fabricación.

O sector manufacturero está estreitamente relacionado coas industrias da enxeñaría e do deseño industrial.

  1. Kenton, Will. "Manufacturing". Investopedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 10 de agosto do 2022. 
  2. "What Do Manufacturing Engineers Do?". Oregon State University. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2022. Consultado o 10 de agosto do 2022. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search