Mar de Andaman | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | India Myanmar Tailandia Indonesia |
División | Illas Andaman e Nicobar (IND) Divisións de Ayeyarwady, Yangon e Tanintharyi, e Estado de Mon (BIR) Rexión de Tailandia do Sur (TAI) Provincia de Aceh (Sumatra) (IDN) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | Asia |
Illa/s | Illas Andaman e Nicobar e Sumatra |
Xeografía | |
Mares contiguos | Golfo de Bengala e mar da China Meridional |
Características | |
Superficie | 797.700 km² |
Lonxitude máxima | 1.200 km (N-S) |
Anchura máxima | 650 km (E-O) |
Profundiade máxima | 3.777 m |
Profundidade media | 870 m |
Mapa | |
Localización do mar de Andaman | |
Mapa do mar de Andaman | |
O mar de Andaman[1] (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das illas Andaman, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.
No seu extremo sueste, o mar de Andaman comunícase co mar da China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search