Mar de Irlanda | |
---|---|
Irish Sea - Môr Iwerddon - Mhuir Éireann | |
Localización administrativa | |
Estado | Irlanda Reino Unido |
División | Provincia de Leinster (IRL) Irlanda do Norte (RU) Escocia (RU) (Strathclyde, Hébridas Exteriores, Dumfries and Galloway) Inglaterra (RU) (Noroeste de Inglaterra) Gales (RU) Illa de Man (RU) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Céltico |
Subdivisións | Condados irlandeses de Louth, Meath Dublín, Wicklow, Wexford, Kilkenny e Waterford Condados norteirlandeses de Antrim e Down Condados ingleses de Cheshire, Cumbria, Lancashire, Merseyside Condado escocés de Dumfries and Galloway Condados galeses de Anglesey, Gwynedd, Ceredigion e Pembrokeshire Dependencia da Coroa británica da Illa de Man |
Illas interiores | Anglesey (714 km²) e illa de Man (572 km²) |
Cidades ribeiregas | Dundalk, Drogheda, Dublín, Dun Laoghaire-Rathdown, Rosslare e Wexford (IRL) Larne, Warrenpoint, Belfast (Irl. do Norte) (RU) Cairnryan, Stranraer (Escocia) (RU) Fleetwood, Blackpool, Liverpool, Birkenhead (Inglaterra) (RU) Holyhead, Fishguard e Pembroke (Gales) (RU) Douglas (Illa de Man) (RU) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baías de Dundrum, Dundalk e Carlingford Lough (IRL) Baías de Luce, Wigtown, Morecambe, Caernarnfon e Cardigan e Solway Firth (RU) |
Cabos | Punta Ballyquintin e punta Carnsore (IRL) Mull of Galloway e St. David Head (RU) |
Estreitos | Canal de San Xurxo (o sur, co mar de Irlanda) e canle do Norte (norte, co océano Atlántico) |
Características | |
Superficie | 46.007 |
Lonxitude máxima | 310 |
Anchura máxima | 38-42 |
Profundiade máxima | 262 m. |
Capacidade | 2.800 km³ |
Outros datos | |
Áreas protexidas (RU) | Parque nacional Snowdonia Parque nacional da Costa de Pembrokeshire Parque nacional do Lake District |
Mapa | |
Localización do mar de Irlanda. | |
Mapa batimétrico: marcas vermellas: portos de transbordador • marcas e nomes azuis: portos de cargueiros • bandas rosas: límites oficiais do mar de Irlanda | |
O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann,[1] manx: Y Keayn Yernagh,[2] scots: Erse Sea, escocés: Muir Èireann,[3] Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, conecta co océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.
Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (irlandés: Muir Meann,[4] manx: Mooir Vannin, escocés: Muir Mhanainn).[5][6][7] O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search