Mar do Norte

Mar do Norte
Nordsee - North Sea - Noordzee - Mer du Nord
Localización administrativa
EstadoNoruega Noruega
Dinamarca Dinamarca
Reino Unido Reino Unido
Alemaña Alemaña
Países Baixos Países Baixos
Bélxica Bélxica
Francia
Sealand (de facto)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
ArquipélagoReino Unido
Illa/sGran Bretaña
Xeografía
Mares contiguosMar de Noruega, canal da Mancha e mar Báltico
SubdivisiónsMar de Wadden, Skagerrak e Kattegat
Illas interioresillas Shetland e Orcadas (UK) e illas Frisias (NED, DEU e DEN)
AfluentesElba, Weser, Ems (ALE)
Rin, Mosa e Escalda (NED)
Spey, Tees, Tyne, Tay Támese e Humber (UK)
Ijzer (BEL)
Cidades ribeiregasOslo, Kristiansand, Stavanger e Bergen (NOR)
Aberdeen, Dundee, Edimburgo, Newcastle upon Tyne, Sunderland, Kingston upon Hull, Grimsby, Great Yarmouth, Lowestoft, Colchester, Southend-on-Sea e Dover (UK)
Esjberg (DIN)
Emden, Wilhelmshaven, Bremerhaven e Cuxhaven (ALE)
Flesinga, Rotterdam e Den Helder (NED)
Ostende e Zeebrugge (BEL)
Calais e Dunkerque (FRA)
Accidentes
Golfos e baíasfiorde Moray, fiorde de Forth, The Wash e estuario do Támese (UK)
Características
Superficie750 000 km²[1]
Lonxitude máxima960 km (N-S)
Anchura máxima580 km (L-O)
Profundiade máxima700 m (NOR)
Profundidade media95 m
Capacidade94 000 km³
Outros datos
Salinidade3,4 - 3,5 % (34 - 35 g/l)
Temperaturas6 - 13 °C
Mareas0 - 8 m
Mapa

Localización do mar do Norte en Europa

Vista desde un satelíte

O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.

As mareas son bastante irregulares xa que conflúen nel unhas correntes provenientes do norte e outra do sur. Hai moita choiva e néboa durante todo o ano, e do noroeste veñen violentas tormentas que fan a navegación perigosa.

Ten unha superficie duns 750 000 km²,[1] unha lonxitude aproximada de 960 km e unha anchura máxima de 480 km. É un mar moi pouco profundo, cunha profundidade media de 95 metros: de feito que no banco Dogger, no medio do mar e a unha profundidade duns 25 metros, atoparonse restos de mamuts, proba de que durante a última glaciación ou ben estaba cuberto de xeo ou ben estaba emerxido. Co desxeo, o banco converteuse nunha especie de último reducto en forma de illa.

Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural, os cales comezaron a explotarse nos anos 1970.

Á súa vez divídese en tres partes: mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat

O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca.

  1. 1,0 1,1 Todos os datos xeográficos proceden de «Safety At Sea», dispoñibles en: [1] Arquivado 09 de decembro de 2008 en Wayback Machine..

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search