Tipo | mar setentrional ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | norte, oeste e Pobos xermánicos ![]() | |||
Parte de | océano Atlántico Norte ![]() | |||
Localización | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
País da cunca | Noruega, Dinamarca, Alemaña, Reino dos Países Baixos, Bélxica, Francia e Reino Unido ![]() | |||
| ||||
Comparte fronteira con | Canal da Mancha Skagerrak Océano Atlántico Flandres Occidental ![]() | |||
Composto por | ||||
Conca hidrográfica | conca do mar do Norte ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 0 m ![]() | |||
Profundidade | máximo: 700 m ![]() | |||
Dimensións | 580 (![]() ![]() | |||
Punto máis baixo | fosa norueguesa ![]() ![]() | |||
Superficie | 570.000 km² ![]() | |||
Medicións | ||||
Salinidade | 3,4 % ![]() | |||
O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.
As mareas son bastante irregulares xa que conflúen nel unhas correntes provenientes do norte e outra do sur. Hai moita choiva e néboa durante todo o ano, e do noroeste veñen violentas tormentas que fan a navegación perigosa.
Ten unha superficie duns 750 000 km²,[1] unha lonxitude aproximada de 960 km e unha anchura máxima de 480 km. É un mar moi pouco profundo, cunha profundidade media de 95 metros: de feito que no banco Dogger, no medio do mar e a unha profundidade duns 25 metros, atoparonse restos de mamuts, proba de que durante a última glaciación ou ben estaba cuberto de xeo ou ben estaba emerxido. Co desxeo, o banco converteuse nunha especie de último reducto en forma de illa. Á súa vez divídese en tres partes: mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat
O mar do Norte ocupou un lugar destacado nos asuntos xeopolíticos e militares, sobre todo na Europa do norte, desde a Idade Media até a era moderna. Tamén foi importante a escala mundial polo poder que os europeos do norte proxectaron en todo o mundo durante gran parte da Idade Media e até a era moderna. O mar do Norte foi o centro da xurdimento dos viquingos. A Liga Hanseática, a República Holandesa e o Reino de Gran Bretaña trataron de facerse co control do mar do Norte e o acceso aos mercados e recursos do mundo. O mar do Norte, única saída ao mar para Alemaña, tivo unha grande importancia estratéxica durante as dúas guerras mundiais.
A costa ten unha xeoloxía e xeografía diversas. No norte, profundos fiordes e cantís escarpados marcan gran parte das súas costas norueguesas e escocesas, respectivamente, mentres que no sur, a costa componse principalmente de praias de area, estuarios de longos ríos e amplas marismas. Debido á densa poboación, a forte industrialización e o intenso uso do mar e a zona que o rodea, diversos problemas medioambientais afectan os ecosistemas mariños. Os problemas medioambientais adversos, que adoitan incluír a sobrepesca, as escorras industrial e agrícola, o dragado e a vertedura, entre outros, deron lugar a varios esforzos para previr a degradación e salvagardar os beneficios económicos a longo prazo.
Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural, os cales comezaron a explotarse nos anos 1970.
O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search