Mar do Norte | |
---|---|
Nordsee - North Sea - Noordzee - Mer du Nord | |
Localización administrativa | |
Estado | Noruega Dinamarca Reino Unido Alemaña Países Baixos Bélxica Francia Sealand (de facto) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Arquipélago | Reino Unido |
Illa/s | Gran Bretaña |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Noruega, canal da Mancha e mar Báltico |
Subdivisións | Mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat |
Illas interiores | illas Shetland e Orcadas (UK) e illas Frisias (NED, DEU e DEN) |
Afluentes | Elba, Weser, Ems (ALE) Rin, Mosa e Escalda (NED) Spey, Tees, Tyne, Tay Támese e Humber (UK) Ijzer (BEL) |
Cidades ribeiregas | Oslo, Kristiansand, Stavanger e Bergen (NOR) Aberdeen, Dundee, Edimburgo, Newcastle upon Tyne, Sunderland, Kingston upon Hull, Grimsby, Great Yarmouth, Lowestoft, Colchester, Southend-on-Sea e Dover (UK) Esjberg (DIN) Emden, Wilhelmshaven, Bremerhaven e Cuxhaven (ALE) Flesinga, Rotterdam e Den Helder (NED) Ostende e Zeebrugge (BEL) Calais e Dunkerque (FRA) |
Accidentes | |
Golfos e baías | fiorde Moray, fiorde de Forth, The Wash e estuario do Támese (UK) |
Características | |
Superficie | 750 000 km²[1] |
Lonxitude máxima | 960 km (N-S) |
Anchura máxima | 580 km (L-O) |
Profundiade máxima | 700 m (NOR) |
Profundidade media | 95 m |
Capacidade | 94 000 km³ |
Outros datos | |
Salinidade | 3,4 - 3,5 % (34 - 35 g/l) |
Temperaturas | 6 - 13 °C |
Mareas | 0 - 8 m |
Mapa | |
Localización do mar do Norte en Europa | |
Vista desde un satelíte | |
O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.
As mareas son bastante irregulares xa que conflúen nel unhas correntes provenientes do norte e outra do sur. Hai moita choiva e néboa durante todo o ano, e do noroeste veñen violentas tormentas que fan a navegación perigosa.
Ten unha superficie duns 750 000 km²,[1] unha lonxitude aproximada de 960 km e unha anchura máxima de 480 km. É un mar moi pouco profundo, cunha profundidade media de 95 metros: de feito que no banco Dogger, no medio do mar e a unha profundidade duns 25 metros, atoparonse restos de mamuts, proba de que durante a última glaciación ou ben estaba cuberto de xeo ou ben estaba emerxido. Co desxeo, o banco converteuse nunha especie de último reducto en forma de illa.
Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural, os cales comezaron a explotarse nos anos 1970.
Á súa vez divídese en tres partes: mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat
O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search