Mesopotamia

Modelo:Xeografía políticaMesopotamia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 33°42′N 43°30′L / 33.7, 43.5Coordenadas: 33°42′N 43°30′L / 33.7, 43.5
Xeografía
Comparte fronteira con

Mesopotâmia (do grego antigo Μεσοποταμία; composto de μέσος, "meio", e ποταμός, "río", ou sexa "[terra] entre dous ríos")[1] é a zona do sistema fluvial Tigris-Éufrates, que na actualidade abarca aproximadamente á maior parte dos actuais Iraq[2] e Kuwait, así como partes orientais de Siria e rexións ao longo das fronteiras entre Turquía-Siria e entre Irán-Iraq.[3][4]

Mapa da Mesopotamia
Unha vista satelital moderna de Mesopotamia (outubro de 2020).

Considerada amplamente como un dos berces da civilización polo mundo occidental, a Mesopotâmia da Idade de Bronce abarcaba a Sumeria, alén dos imperios acadiano, o babilônico e o asírio, todos nativos ao territorio do actual Iraq. Na Idade de Ferro foi controlada polos imperios neoasirio e neobabilónico. Os pobos sumérios e acádios (incluíndo asírios e babilônios) dominaron a rexión desde o inicio da historia escrita (c. 3100 a. C.) ata á caída de Babilônia no 539 a. C.,[5] cando foi conquistada polo Imperio Aqueménida. Foi conquistado por Alexandre o Grande no 332 a. C. e, tras a súa morte, pasou a formar parte do Imperio Seléucida, de cultura grega.

Cara ao ano 150 a. C., Mesopotamia estaba baixo o control do imperio parto. A rexión converteuse nun campo de batalla entre os romanos e os partos, e partes de Mesopotamia pasaron a estar baixo un control efémero do Imperio Romano. No 226 d. C., caeu en mans dos persas sasánidas e permaneceu baixo dominio persa ata a conquista musulmá de Persia, no século VII, do Imperio sasánida. Varios estados nativos mesopotámicos, neoasirios e cristiáns existiron entre os séculos I a, C. e o III d. C,, entre eles Adiabena, Osroena e Hatra.

Mesopotamia é o lugar dos primeiros desenvolvementos da Revolución neolítica de ao redor de 10000 a. C.. Sinalouse que "inspirou algúns dos avances máis importantes da historia da humanidade, como a invención da roda, a plantación dos primeiros cultivos de cereais e o desenvolvemento da escritura cursiva, das matemáticas, da astronomía e da agricultura".[6]

  1. CL Redman (1982). "Archaeological survey and the study of Mesopotamian urban systems". Journal of Field Archaeology (en inglés). 
  2. Seymour, Michael (2004). "Ancient Mesopotamia and Modern Iraq in the British Press, 1980–2003". Current Anthropology 45 (3). pp. 351–368. ISSN 0011-3204. JSTOR 10.1086/383004. doi:10.1086/383004. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2022. Consultado o 2 de marzo do 2023. 
  3. Sissakian, Varoujan K.; Adamo, Nasrat; Al-Ansari, Nadhir; Mukhalad, Talal; Laue, Jan (xaneiro de 2020). "Sea Level Changes in the Mesopotamian Plain and Limits of the Arabian Gulf: A Critical Review". Journal of Earth Sciences and Geotechnical Engineering 10 (4). pp. 88–110. 
  4. Pollock, Susan (1999). Ancient Mesopotamia. The Eden that never was. Case Studies in Early Societies. Cambridge: Cambridge University Press. p. 1. ISBN 978-0-521-57568-3. 
  5. "BBC - History - Ancient History in depth: Mesopotamia". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2 de marzo do 2023. 
  6. Milton-Edwards, Beverley (maio de 2003). "Iraq, past, present and future: a thoroughly-modern mandate?". History & Policy. Reino Unido. Consultado o 2 de marzo do 2023. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search