Modo gramatical

O modo é un concepto que existe na gramática de moitas linguas. O modo describe a relación do verbo coa realidade á que se refire. Moitas linguas modifican o modo mediante a inflexión do verbo. De entre os modos que se describen a continuación, varios non se utilizan en galego. Nótese ademais que o sentido exacto de cada modo difire dunhas linguas a outras.

O modo non debe confundirse co tempo ou co aspecto, aínda que, en ocasións, o significado destes conceptos se confundan.

Algúns modos son o condicional, imperativo, indicativo, negativo, optativo, potencial, subxuntivo, e outros. Os modos orixinais do indoeuropeo eran o indicativo, o subxuntivo, o optativo e o imperativo. Non tódalas linguas indoeuropeas teñen todos estes modos, pois só as máis conservadoras como o grego antigo ou o sánscrito os retiveron. Algunhas linguas urálicas teñen máis de dez modos.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search