Moeda de 2 euros

Reverso común da moeda de 2 euros, deseñado por Luc Luycx

A moeda de 2 euros, cuñada polos Estados membros da Eurozona como moeda de curso legal neses países, está formada por unha zona interior de níquel-latón e unha zona exterior de cuproníquel. Ten un diámetro de 25,75 mm, un grosor de 2,20 mm e un peso de 8,50 gramos. O seu bordo é estriado fino cunha inscrición gravada propia de cada estado.

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]

  1. "Types of euro coins: common sides". European Commission.
  2. "Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search