O movemento Me Too, cunha gran variedade de nomes relacionados locais e internacionais, é un movemento contra o acoso e as agresións sexuais.[1][2][3] O movemento comezou a estenderse viralmente en outubro de 2017 como un cancelo nas redes sociais nun intento de demostrar a ampla prevalencia do acoso sexual, especialmente nos lugares de traballo.[4][5][6] Foi seguido polas acusacións de abuso sexual contra Harvey Weinstein.[7][8] Suxerida por un amigo,[9][10] a frase foi logo popularizada pola actriz Alyssa Milano en Twitter en 2017. Milano animou as víticas de abuso sexual a chiar sobre iso e "dar á xente a sensación da magnitude do problema".[11][12] Seguírono numerosas declaracións e respostas de celebridades estadounidenses de perfil alto como Gwyneth Paltrow,[13] Ashley Judd,[14] Jennifer Lawrence,[15] e Uma Thurman entre outras.[16]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search