Municipio

Mapa topográfico do municipio de Borsele (Países Baixos)

O concello ou municipio é, nas súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consonte ás tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes puntos de contacto na súa estrutura e competencias.

En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:

  • Urbanos: concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;
  • Rurais: municipios constituídos por un ou máis núcleos de poboación de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;
  • Mixtos: concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.

Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral, por exemplo (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas...).


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search