Nazismo

Unha esvástica nazi, dobrada no sentido dos punteiros do reloxo

O nazismo ou o nacionalsocialismo designa a política da ditadura que gobernou a Alemaña de 1933 a 1945, o Terceiro Reich. O nazismo é frecuentemente asociado ao fascismo, aínda que os nazis dixesen practicar unha forma nacionalista e totalitaria de socialismo (oposta ao internacionalismo proletario marxista).[1][2]

O Partido Nacionalsocialista alemán defendía o Nationalsozialismus ('nacionalsocialismo'). Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anticomunista (como os Estados Unidos de América), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a estatización da sociedade como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando á existencia, desde aínda antes da toma do poder por Hitler, dunha resistencia comunista e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha economía de guerra e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".[1][3]

O ditador Adolf Hitler chegou ao poder como líder dun partido político, o Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido na Alemaña moderna, aínda que pequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados neonazis, continúen a existir en Alemaña e noutros países. Algúns revisionistas históricos difunden propaganda que nega ou minimiza o Holocausto e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.[4]

  1. 1,0 1,1 Weber, Mark. "Goebbels' Place in History" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  2. "Pre-1933 Nazi Propaganda" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  3. "Myth: Hitler was a leftist" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  4. "The Hitler Myth" (en inglés). History Today. 11 de novembro de 1985. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search