New Wave

New Wave
Orixe musicalpunk rock, garage rock, glam rock, power pop, pub rock, ska, funk, música electrónica, bubblegum, música disco
Orixe culturalanos 70, Estados Unidos e o Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, baixo, batería, teclados e voces
DerivadosNew Romanticism
Xéneros de fusión
synthpunk, 2 Tone, electroclash

O New Wave (nova onda) é un xénero musical xurdido entre mediados e finais dos anos 70 como derivado do punk rock, e que evolucionou de xeito independente na década dos 80. Inicialmente a música New Wave foi considerada o mesmo que o punk rock, ata que foi indentificado como un xénero de seu, incorporando aspectos da música electrónica e experimental, subcultura mod, disco e pop dos anos 60, así como gran parte do son e o carácter orixinal do punk rock, como a énfase nas cancións curtas e apegadizas. Nos anos 90 e 2000 houbo un renacer do xénero, e un feixe de bandas influenciadas por unha variedade de estilos de New Wave xurdiron acadando bastante popularidade a mediados da década dos 2000.

O New Wave diferenciase dos movementos post-punk porque presenta características máis comúns ao pop, en vez de buscar unha proposta máis artística, a pesar de que incorpora os son e a actitude do punk exhibindo maior complexidade tanto na música como nas letras. Carácterísticas comúns da música New Wave, ademais das súas influencias punk, son o uso de sintetizadores e producións electrónicas, e a importancia do estilo e da arte.

O New Wave é visto como un dos xéneros definitivos dos anos 80; converteuse nun fixo da MTV, e a popularidade de varios artistas New Wave foi parcialmente atribuída á exposición dada por esta canle. A mediados da década, as diferenzas entre o New Wave e outros xéneros comezaron a difuminarse. O estilo gozou dun rexurdimento nos anos 90, despois de que aumentase a infuencia do xénero en varios artistas desa década. Ese rexurdimento, e o porterior a comezos dos anos 2000 foi pequeno, pero no ano 2004 fíxose popular.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search