Nota musical

Nota musical é o elemento mínimo dun son musical, formado por un único modo de vibración do ar. A cada nota está asociada unha frecuencia, cuxa unidade máis utilizada é o Hz (hertz), a cal describirá en termos físicos se a nota é máis grave ou máis aguda.

O son fisicamente é unha onda (ou conxunto de ondas) que se propaga no ar cunha certa frecuencia. Se esas ondas tiveren unha frecuencia na faixa de 20 Hz a 20.000 Hz, o ouvido humano será capaz de vibrar á mesma proporción, captando esa información e producindo sensacións neurais, ás cales o ser humano dá o nome de son. As ondas con frecuencia máis baixa (entre 20 Hz a 100 Hz por exemplo, soan nos nosos ouvidos de forma grave, e sons con frecuencia elevada - por exemplo acima de 400 Hz, soan de forma aguda).

As notas poden combinarse sendo tocadas ao mesmo tempo (definindo a harmonía), ou en secuencia (definindo a melodía). Se eses factores, xunto a algúns outros, resultaren nunha sensación agradábel, dáselle a esa secuencia o nome de música.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search