OS X

macOS
Desenvolvedor(es)Apple Inc.
Publicación inicial24 de marzo de 2001
Última versiónmacOS High Sierra v10.13.1
(26 de outubro de 2017)
Escrito enC, C++, Objective-C, Swift
Sistema operativoBSD
Plataforma/sPower PC
Lingua/sMultilinguaxe
TipoSistema operativo
LicenzaSoftware propietario / Apple CLUF
Sitio webwww.apple.com/es/macos

macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS.

No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple.

OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.

OS X Server foi lanzado no ano 1999 e diferénciase por incorporar diferentes ferramentas administrativas para a xestión de redes e servizos de rede.

A súa fundación de baixo nivel chámase Darwin e ten licenza ASPL, unha licenza open source e software libre nas súas últimas versións. Porén, as capas superiores do sistema (por exemplo o subsistema gráfico en xeral) son software non libre. macOS incorpora diferentes tecnoloxías: Quartz Extreme, Core Image, Core Audio, Core Video, OpenGL e QuickTime entre outras.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search