Oficial (forzas armadas)

O termo oficial[1][2] corresponde á carreira, categoría ou nivel, que os efectivos ostentan desde o rango ou grao desde alférez ou subtenente ata xeneral, capitán xeneral ou mariscal de campo, das forzas armadas ou as forzas de seguridade dunha nación; que adquiren ao finalizaren os seus estudos nas respectivas Escolas de Oficiais de cada país ou ao ascenderen por antigüidade ou mérito, xa sexa o gañado en combate ou en tempo de paz. Os oficiais diferéncianse entre si polo grao e a posición que ocupan dentro do seu rango xerárquico.

Os oficiais teñen como tarefa principal executar, conducir e liderar as diversas operacións levadas a cabo nas súas respectivas institucións, xa sexa en tempos de paz ou de guerra.

O oficial ten unha formación diferente e cunha posición superior ao suboficial no grao de mando.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oficial.
  2. Definición de oficial no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search