Oklahoma

Modelo:Xeografía políticaOklahoma
State of Oklahoma (en) Editar o valor em Wikidata

Lema«Labor omnia vincit (pt) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialTyrannus forficatus (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeSooner State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aTerritório de Oklahoma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°30′N 98°00′O / 35.5, -98Coordenadas: 35°30′N 98°00′O / 35.5, -98
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalOklahoma City Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.959.353 (2020) Editar o valor em Wikidata (21,85 hab./km²)
Número de fogares1.493.569 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie181.195 km² Editar o valor em Wikidata
Auga1,87 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Arkansas, Rio Vermelho do Sul (pt) Traducir, Eufaula Lake (en) Traducir e Rio Canadian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoBlack Mesa (en) Traducir (1.700 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLittle River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación16 de novembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Oklahoma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataKevin Stitt (pt) Traducir (2019–sen valor) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoOklahoma Legislature (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialOklahoma Court of Criminal Appeals (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-OK Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1102857 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webok.gov Editar o valor em Wikidata
BNE: XX451674

Oklahoma (en cherokee: ᎣᎦᎳᎰᎹ, òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa,[1] en cayuga: Gahnawiyoˀgeh[2]) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella".[3] Informalmente é coñecido co alcume de The Sooner State. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en facer parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do Territorio Indio. A capital e maior cidade do Estado é Oklahoma City. Conta con 77 condados.

Oklahoma é un importante produtor de gas natural, petróleo e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na aviación, enerxía, telecomunicacións e a biotecnoloxía. É unha das economías de máis rápido crecemento de EUA, o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do produto nacional bruto. Oklahoma City e Tulsa son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da NCAA e a NAIA, mentres que dous dos seus clubs de atletismo encóntranse entre os máis exitosos dos Estados Unidos.

Con pequenas cadeas montañosas, pradarías, e bosques ao oeste, a maior parte de Oklahoma está situada entre as Grandes Chairas dos Estados Unidos e as Terras Altas, unha rexión especialmente proclive a condicións meteorolóxicas adversas. En Oklahoma predominan os alemáns, irlandeses, británicos e descendentes de nativos americanos. No estado fálanse máis de 25 linguas indíxenas de América, máis ca en calquera outro estado.

Atópase na confluencia de tres grandes rexións culturais dos Estados Unidos e historicamente serviu como ruta de transporte de gando, como destino para os colonos do sur, e de lar para os nativos americanos. Fai parte do Bible Belt, nos cales está moi presente o cristianismo evanxélico.

  1. "AISRI Dictionary Database Search--prototype version. "River", Southband Pawnee". American Indian Studies Research Institute. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  2. "Cayuga: Our Oral Legacy - Home. Cayuga Digital Dictionary". cayugalanguage.ca/.  Falta a |url= (Axuda);
  3. Muriel Wright (xuño de 1936). "Chronicles of Oklahoma" (en inglés). Oklahoma State University. Arquivado dende o orixinal o 13-10-2007. Consultado o 24-01-2011. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search